Los responsables de la promoción se reservan el derecho de rechazar aquellos votos que procedan de direcciones de correo electrónico inválidas.
GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A. a través da cadea de Supermercados Gadis levará a cabo un concurso dende o próximo 27 de xuño ata o 30 de setembro de 2009 ambos os dous inclusive, baixo a modalidade de "O MELLOR GRITO DE ORGULLO", o cal desenvolverase na Web de Vivamos como Galegos, www.vivamoscomogalegos.com, e na que poderán participar coas súas votacións todas as persoas que queiran nas condicións que a continuación se detallan.
Acción
Un camión-escenario durante todo o verán (do 27 de xuño ao 31 de agosto) estará de xira por Galicia para que a xente das distintas localidades poida participar no CONCURSO. As localidades en que se realizará esta actividade serán as seguintes: Lugo, A Estrada, A Coruña, Ortigueira, Mugardos, O Grove, Cambados, Santiago, Ribadeo, A Guarda, Ourense, Monforte de Lemos, Riveira, Padrón, Carballo, Vigo, Ferrol, Carballiño, Foz, Pontevedra, Vilagarcía, Sada, Betanzos, Xinzo de Limia, Noia, Rivadavia, Chantada e Vilalba. O calendario será o establecido pola organización e publicado a través da Web de Vivamos como Galegos. Este itinerario poderá sufrir cambios por motivos de forza maior.
Todos aqueles que queiran e poidan participar (ver mecánica) terán que subir ao noso cabalo (instalado no escenario do camión) e imitar o protagonista do anuncio VIVAMOS COMO GALEGOS. Mentres tanto, un operador de cámara gravará as distintas "tomas" que cada participante queira facer durante o tempo estipulado (2 minutos aproximadamente). Cada participante dirá cál destas tomas quere que se incorpore á web para participar no concurso.
Para poder votar aos distintos participantes abonda con que calquera persoa entre na páxina web de Vivamos como Galegos. Dentro desta web, deberán acceder á sección "CONCURSO O MELLOR GRITO DE ORGULLO" e seguir as indicacións que alí aparecerán para votar.
Os videos dos participantes estarán instalados na web dentro dos seguintes días á realización da súa actuación no Camión-escenario de O MELLOR GRITO DE ORGULLO. A partir dese momento poderán comezar as votacións. Estas votacións durarán ata o día 15 de setembro. O vídeo máis votado de cada unha das localidades que visite o camión-escenario, será o gañador da devandita localidade e pasará á grande final, na que se elixirá o gañador de Galicia. As votacións finais, para elixir o campión de Galicia realizaranse ata o 30 de setembro.
Premios
O premio consiste en 28 MP4 (un por cada unha das localidades ás que acudirá a organización do Concurso). Os gañadores serán as persoas o video dos cales reciba máis votacións, de cada un das devanditas localidades.
O premio do gañador final será unha Pantalla de televisión. O gañador será a persoa o video do cal reciba máis votacións entre os 28 gañadores anteriores.
Os premios do presente concurso, en ningún caso poderán ser obxecto de cambio, alteración ou cesión a petición do gañador/gañadores. Os premios serán efectivos en outubro de 2009.
Mecánica
Poderán participar todos os maiores de idade que asinen un documento no que ceden os dereitos de imaxe do vídeo gravado para participar neste concurso a través da Web de Vivamos como Galegos. Tamén poderán participar os menores de idade sempre que o devandito documento sexa asinado por un dos seus pais ou o seu titor.
Elección de los ganadores
O vídeo máis votado de cada unha das localidades que visite o camión-escenario do concurso O MELLOR GRITO DE ORGULLO, será o gañador da devandita localidade e pasará á grande final, na que se elixirá o gañador de Galicia. Cada un dos gañadores das distintas localidades recibirá o seu premio correspondente. As votacións poderanse realizar ata o 15 de setembro.
O grande gañador final elixirase entre os 28 gañadores anteriores, un por localidade. Será o que reciba máis votacións a través da web de Vivamos como Galegos ata o 30 de setembro.
Comunicación a premiados
A relación de premiados estará exposta en todos os establecementos Gadis das localidades onde se realice a actividade e na Web de Vivamos como Galegos. A organización resérvase o dereito de poder comunicar telefonicamente a estes o resultado do sorteo.
Os gañadores, para poder gozar do premio, terán que confirmar por escrito, mediante documento que lles será remitido por GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A., a aceptación do premio nun prazo máximo de 15 días dende a recepción do devandito documento. No caso de que GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A. non reciba neste prazo o documento de aceptación do premio por parte dos gañadores, estes perderán todos os dereitos sobre este.
Utilización de nombres de ganadores
Os gañadores dos premios do sorteo autorizan Supermercados Gadis para utilizar publicitariamente o seu nome e imaxe en medios e material publicitario.
Comunicación del Concurso
O concurso poderá ser comunicado a través dos medios que habitualmente utiliza Supermercados Gadis para dar a coñecer as súas campañas publicitarias: Internet, televisión, prensa, radio, folletos, carteis en punto de venda e publicidade exterior.
Aceptación de las Bases
Os participantes, polo mero feito de participar no presente concurso, aceptan as súas bases e o criterio de Supermercados Gadis en canto á resolución de calquera cuestión derivada deste.
Disposiciones Adicionales
Os premios só poderán ser entregados a aquelas persoas maiores de idade. No caso de que o premiado sexa un menor de 18 anos, realizarase a entrega aos seus pais e/ou titores legais quen deberá acreditar a súa condición.
Supermercados Gadis non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento xeral do presente concurso.
Fiscalidad
Nos casos nos que corresponda, será por conta de GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A. (GADISA) o pagamento do IMPOSTO DO VALOR ENGADIDO correspondente ao valor do premio así como a retención a conta do IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS, de acordo co establecido no vixente Regulamento do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real Decreto do 30 de Decembro de 1991 nº 184/91.
Será por conta do agraciado a liquidación final do devandito imposto na súa tributación persoal.
Tratamiento de datos
En virtude do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos de carácter persoal que voluntariamente faciliten os concursantes serán utilizados coa finalidade de participar no concurso.
Os datos dos gañadores deste concurso, cando o valor do premio supere un valor determinado legalmente, serán incorporados ao ficheiro GANADORESFISC coa finalidade de cumprir coas obrigas legais derivadas da entrega de premios que superen un determinado valor (declaración do IRPF, comunicación a organismos oficiais,...), atopando este ficheiro debidamente inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, a nome de Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A..
Os datos do resto de participantes no concurso non serán incorporados a ningún ficheiro automatizado tratado pola empresa Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., procedéndose á destrución de todos os boletos participantes no sorteo unha vez finalizado o mesmo.
Así mesmo informamos que os datos dos gañadores dos sorteos ou concursos poderán ser expostos en calquera dos puntos de venda pertencentes ao colectivo de empresas de distribución comercial de Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A.
O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por correo postal a Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A. ao polígono de Piadela, s/n, de Betanzos, provincia de A Coruña (C.P. 15300), Referencia "Protección de datos" a través dun escrito asinado ao efecto achegando unha fotocopia do D.N.I.